contraacento

contraacento

(

s m [LIT]

Termo cuñado por Henri Morier en 1961 para referirse ao acento situado a continuación dun acento forte e ao seu efecto no ritmo da composición. Dáse preferentemente no verso, aínda que tamén pode aparecer na prosa. O efecto buscado é de contraste e de desequilibrio da orde métrica.