contradanza
contradanza
(
-
s
f
[MÚS]
Danza inglesa de orixe popular (country dance) inglesa executada por parellas de bailaríns que, en roda ou dispostas unhas diante doutras, realizan movementos contrarios seguindo unha orde sucesiva. Acadou o seu maior apoxeo nos ss XVII e XVIII en Europa occidental. A súa música escríbese nun compás de 2/4 ou 6/8.
-
s
f
[MÚS]
Música que acompaña esa danza.