contrario -ria
(< lat contrarĭu)
-
adx
-
Que presenta a maior diferenza respecto doutra cousa do mesmo tipo.
Ex: O carácter dos dous irmáns é totalmente contrario.
-
[FILOS]
Aplícase a dúas proposicións universais, unha afirmativa e outra negativa.
-
[FILOS]
Aplícase, na lóxica aristotélica, a dous termos que pertencen ao mesmo xénero e están separados pola maior diferencia posible.
-
-
adx
Que é malo ou prexudicial para certa cousa.
Ex: Esa fusión é contraria ós nosos intereses empresariais.
Antónimos: favorable. -
adx
Que vai en sentido inverso.
Ex: Viñan en dirección contraria e por iso non nos atopamos.
-
adx e s
Aplícase á persoa ou cousa que está en total desacordo con algunha cousa.
Ex: Sempre me mostrei contrario á súas ideas.
-
adx e s
Que ou quen loita contra outra.
Ex: O seu contrario deixou a competición na proba final.
Sinónimos: contrincante, rival. -
adx e s
m
[LING]
Unidades de sentido oposto, na que unha é a negación da outra e viceversa. A noción de contrario é máis ampla ca a da antinomía de dous termos en lexicoloxía (por exemplo, son contrarios os termos noite e día). A gran maioría das oposicións paradigmáticas que permiten que os termos da lingua teñan un significado non son oposicións contraditorias. E. Sapir observou que a antinomía se basea nunha comparación; por exemplo, pequeno e grande non designan nocións contrarias senón que designan diversos puntos dun eixe de tamaños sempre ordenado (se non é grande non implica que sexa pequeno).