Contraseguro, Tratados de
Contraseguro, Tratados de
ou Tratados de Reaseguro Pacto asinado entre Alemaña e Rusia o 18 de xuño de 1887 cunha duración de tres anos. Por unha banda, Rusia garantía a súa neutralidade se se desencadeaba un conflito entre Francia e Alemaña e, pola outra, Alemaña comprometíase a soster diplomaticamente a Rusia na cuestión búlgara e na referente aos estreitos do Bósforo e dos Dardanelos.