contubernio
contubernio
(< lat contubernĭo)
-
s
m
[HIST]
Unión sexual entre escravos ou entre individuos libres e escravos, que non tiña o rango de matrimonio segundo o dereito romano. En Roma os escravos carecían do dereito ao matrimonio e necesitaban o permiso dos seus amos para entrar en contubernio.
-
s
m
Convivencia entre dúas ou máis persoas, xeralmente considerada ilícita.
-
s
m
Entendemento entre dúas ou máis persoas, habitualmente en prexuízo doutra, ou asociación de intereses ilícitos.
Ex: O contubernio dos máis fortes prexudica á maioría.