conurbación
conurbación
(
s
f
[URBAN]
Continuo urbano resultante do crecemento simultáneo, reciprocamente influído, de dúas ou máis cidades próximas, que chega a facer desaparecer o espazo rural intersticial. O termo foi cuñado por Patrick Geddes. Son características das rexións urbanas e das metrópoles. Ademais das xurdidas ao redor de capitais como París, Londres, Toquio e Los Angeles, é particularmente intensa a da costa atlántica dos EE UU. En Galicia, este fenómeno estase a desenvolver no contorno das grandes cidades, sobre todo en Vigo e A Coruña, que tenden a fusionar as súas áreas metropolitanas sen solución de continuidade coas dos concellos veciños, nunha expansión dirixida cara ás áreas urbanas de Pontevedra e Ferrol, respectivamente.