conxestión

conxestión

(< lat congestiōne)

  1. [PAT]
    1. s f

      Aumento da cantidade de sangue dun órgano ou dunha rexión orgánica. Denomínase activa cando se debe a un aumento do fluxo arterial e pasiva cando se debe a unha estase venosa.

      Sinónimos: hiperemia.
    2. conxestión pulmonar

      Proceso agudo de tipo pneumónico no que, amais dun aumento da cantidade de sangue na rexión pulmonar, se produce unha inflamación alveolar.

  2. s f

    Obstrución orixinada por unha afluencia excesiva de persoas ou cousas.

    Ex: Produciuse unha conxestión á saída do concerto xa que todos querían saír ó mesmo tempo. Unha conxestión provocou que se atuísen as tuberías.

Palabras veciñas

conxenial | conxeniar | conxénito -ta | conxestión | conxestionar | conxestivo -va | Conxo