conxunción
(< lat coniunctiōne)
-
s
f
Acción e efecto de conxunguir ou conxunguirse.
Ex: Lograron o primeiro premio coa conxunción dos seus esforzos.
-
s
f
[LING]
Palabra gramatical, invariable morfoloxicamente, que actúa como relacionante ou nexo entre dúas cláusulas (
Ex: Caeu da cadeira porque se andaba a bambear) ou ben entre dúas palabras ou frases que desempeñan a mesma función dentro da oración na que se integran (Ex: Lois e Xoán son meus irmáns. Concursou sen moitas posibilidades pero con ilusión). Desde un punto de vista morfolóxico, clasifícanse en simples, cando están constituídas por un único elemento invariable (e, nin, pero, etc), e complexas (ou locución conxuntiva), cando están formadas por máis dun elemento (por tanto, por conseguinte, agora ben, etc) e mesmo poden constar de dous membros (ou...ou, nin...nin, etc). Desde o punto de vista sintáctico, as conxuncións clasifícanse en coordinantes e subordinantes: as primeiras vinculan unidades de calquera tipo (palabras, frases ou cláusulas) sempre que estas desempeñen en conxunto unha mesma función sintáctica, con independencia da súa identidade categorial (Ex: Vestiu o xersei verde e o pantalón vaqueiro. Un coche grande, con ABS e que sexa barato. A actuación dos actores foi maxistral, sen embargo houbo problemas no son); as segundas introducen só cláusulas subordinadas (Ex: Comprobou que non era verdade). Desde o punto de vista semántico, é dicir, segundo o tipo de relación lóxico-semántica que as conxuncións establecen entre as unidades sintácticas que unen, clasifícanse, dentro das coordinantes, en copulativas, disxuntivas e distributivas, e adversativas; e, dentro das subordinantes, en concesivas, condicionais, causais, consecutivas, finais, locativas, temporais, modais, comparativas e completivas. Non obstante , algunhas destas conxuncións poden incluírse en varias das clases citadas ou aparecer formando parte de diferentes conxuncións complexas (antes que, logo que, con que, etc); así, por exemplo, se pode ser condicional (Ex: Se me levas contigo douche un agasallo) ou completiva (Ex: Non sei se é o conveniente); ou como pode ser comparativa (Ex: Antía non é tan espelida como ti me dicías), causal (Ex: Como non quixo ir, quedou na casa) ou condicional (Ex: Como non te decidas, vai rematar o prazo de subscrición).
-
s
f
[DER]
Posición relativa de dous astros cando teñen a mesma ascensión recta. Os planetas interiores poden estar, respecto ao Sol, en conxunción inferior (Sol, planeta, Terra), e entón están situados no punto máis próximo á Terra; ou en conxunción superior (planeta, Sol, Terra), e neste caso localízanse no punto máis afastado da Terra.
-
Unión de bens mobles, pertencentes a propietarios distintos, que forman unha soa cousa de modo inseparable.