Coombs, proba de
Coombs, proba de
[BIOQ]
Proba baseada na capacidade dos anticorpos, preparados en animais e dirixidos contra as proteínas do soro humano (fundamentalmente inmunoglobulinas e complemento), para aglutinar os eritrocitos. Cando estas proteínas séricas están unidas á superficie dos eritrocitos chámase proba de Coombs directa. Para comprobar se no soro do paciente hai anticorpos contra eritrocitos doutras persoas, a proba faise poñendo en contacto estes eritrocitos co soro do paciente e recibe o nome de proba de Coombs indirecta.