Copa Korac

Copa Korac

Terceira competición internacional europea de baloncesto masculino, que recibe esta denominación en homenaxe ao xogador iugoslavo Radivoj Korac, subcampión olímpico en México 1968 e campión do Mundo en 1970. A primeira edición do torneo disputouse na tempada 1971-1972. O Club Baloncesto Breogán participou na tempada 1985-1986, na que foi eliminado na liguiña de cuartos de final. O baloncesto español logrou 5 títulos nesta competición, grazas ás vitorias do Joventut de Badalona (1980-1981), FC Barcelona (1986-1987 e 1998-1999), Real Madrid (1987-1988) e CB Málaga (2000-2001). O galego Fernando Romay proclamouse campión co Real Madrid.