copiador -ra
(< copiar)
-
adx e s
Que ou quen copia.
-
s
m
Libro auxiliar de contabilidade que recolle, integramente e de forma ordenada, orixinais ou copias de distintos documentos.
-
s
f
[GRÁF]
Nome xenérico de cada un dos aparatos ou dispositivos que, mediante distintos procedementos, son capaces de reproducir fielmente un documento, un impreso, un debuxo, etc, sexa nas súas dimensións orixinais ou ben ampliado ou reducido, en branco e negro ou coas cores do orixinal, etc. Os procedementos habituais empregados polas copiadoras son a fotocopia, a diazocopia e a termocopia. Cando a copia do orixinal se obtén por procedementos gráficos fálase de reprografía.
-
s
f
[TECNOL]
Máquina que copia por medio dun mecanismo hidráulico ou mecánico de reseguimento por contacto, que transmite á ferramenta de corte o perfil exacto da peza ou do modelo que se quere reproducir. A copiadora máis importante en mecánica é o pantógrafo; outras máquinas copiadoras son o torno copiador, a fresa copiadora e a rectificadora copiadora.