copista
copista
(< copiar)
-
s
Persoa que se ocupaba de reproducir textos, documentos, obras literarias ou partituras alleas, copiándoas a man, antes da aparición da imprenta. Ás veces recorríase a copistas que descoñecían a lingua na que estaba escrita a obra ou mesmo a analfabetos, que debuxaban os caracteres. Desta maneira intentábase garantir unha reprodución do texto máis fiable, libre de sobreentendidos ou contaminacións ditadas polo manexo do mesmo código lingüístico.
Ex: No Cancioneiro da Biblioteca Nacional traballaron seis copistas.
Sinónimos: amanuense. -
s
Persoa que copia a obra dun artista.
Ex: Un copista anónimo é o autor desta fermosa reprodución pitórica.