coralináceo -a
coralináceo -a
(< lat científico Corallina)
-
adx
Relativo ou pertencente ás coralináceas.
-
s
f
[PROTISTA]
Alga da familia das coralináceas.
-
s
f pl
[PROTISTA]
Familia de algas vermellas, a máis importante da orde das criptonemiais. Comprende especies moi calcificadas, de cores brancas ou rosadas, que forman cotras preto do nivel onde baten as ondas, como os xéneros Lithophyllum e Lithothamnium, ou frondes rectas con moitas ramificacións divididas en artigos, como as dos xéneros Corallina e Jania.