Corazón de Xesús, Sagrado

Corazón de Xesús, Sagrado
[RELIX]

Representación de Xesucristo como símbolo do seu amor humano e divino. Os cartuxos, os xesuítas e as relixiosas da Visitación tentaron estender a súa devoción, que parte das visións das santas Matilde e Xertrude (s XIII) e da santa Margarida María de Alacoque (s XVII), e que tivo unha primeira elaboración teolóxica na obra de Jean Eudes. Clemente XIII aprobou facultativamente o culto (1765), que estendeu despois a toda a Igrexa católica Pío IX (1856).

Palabras veciñas

corazón | Corazón Climent, Alberto | Corazón de María | Corazón de Xesús, Sagrado | corazonciño | Corbaccio, Il | corbaceira