Corcova
Corcova
[ONOM]
Apelido que tivo a súa orixe nun alcume aplicado a individuos que se caracterizaban por ter chepa. O étimo deste antropónimo é o latín vulgar cucurvu ‘encorvado’, de aí corcova ‘cousa que ten forma de arco’. Documéntase no s XV: “Diego Fernandez Corcova” (doc ano 1419 en Emilio Duro Peña, El Monasterio de S. Pedro de Rocas y su colección documental, 1972, p 14). Adoita aparecer grafado con b non etimolóxico (Corcoba).