Cordal Carús, Xulio
Cordal Carús, Xulio
Filólogo. Membro do Seminario de Estudos Galegos. Colaborou na sección de filoloxía, creada en 1923, e participou nos labores de investigación e difusión de diversos traballos que abranguían os campos da lexicoloxía e da lexicografía, da fonética e da ortografía. Foi coautor, xunto con Filgueira Valverde, Tobío Fernandes e Magariños Ne-greira, do Vocabulario popular galego-castelán (1926), que remata na voz trevo, e publicado inicialmente por entregas. No ámbito da ortografía, participou na unificación das normas ortográficas do galego, aprobadas pola Xunta Xeral en 1933.