cordierita

cordierita

(< antropónimo LouisCordieri, xeólogo francés 1777-1861)

s f [MINERAL]

Aluminosilicato de aluminio, manganeso e ferro, de fórmula Al3(Mg,Fe)2 Si5AlO18. Cristaliza no sistema rómbico e pertence á subclase dos ciclosilicatos, aínda que é pouco frecuente en forma de cristal. Xeralmente aparece en forma de grans irregulares ou en masas. Ten unha dureza de 7 e unha densidade de 2,55-2,75. As cores máis características son o azul ou o violáceo, pero tamén pode ser incoloro, gris, amarelo ou marrón claro.

Sinónimos