Cordillera Central

Cordillera Central

Serie de montañas da cordilleira dos Andes que se estende por Colombia, Perú e Bolivia. En Colombia, no seu brazo central (nas montañas de Quindío), entre os ríos Magdalena e Cauca, están as máximas altitudes, como Nevado del Tolima, Nevado del Huila (5.750 m) e o volcán de Nevado del Ruiz, que aínda mostra certa actividade. Neste tramo ten unha lonxitude aproximada de 1.000 km e ocupa unha superficie de 110.000 km2. En Perú constitúe o ramal interior da cordilleira dos Andes e está situada entre os ríos Huallaga e Marañón. En Bolivia é a continuación meridional da Cordilleira Real, drenada polos ríos Caine, Grande e Pilcomayo.