Cordyceps

Cordyceps
[FUNGO]

Xénero de fungos con cogomelos en forma de maza, de ata 8 cm de alto. A parte superior máis ancha é de cor laranxa, e nela están presentes os ascos protexidos dentro dun receptáculo. En Galicia aparecen as especies C. capitata, parasita de cogomelos hipoxeos, e C. militaris, que frutifica sobre as crisálidas subterráneas de bolboretas.

Palabras veciñas

Cordulegaster | cordura | cordurria | Cordyceps | Cordyline | core | Core