coriariáceo -a
coriariáceo -a
(< lat científico Coriaria +-áceo)
-
adx
Relativo ou pertencente ás coriariáceas.
-
s
f
[PLANTA]
Herba ou arbusto da familia das coriariáceas.
-
s
f pl
[PLANTA]
Familia de herbas ou arbustos da orde das ranunculais, integrada por media ducia de especies de follas simples, enteiras, opostas ou verticiladas, con flores actinomorfas, unisexuais ou hermafroditas, pentámeras e solitarias ou dispostas en acios, e froitos en drupa. Propia de zonas temperadas ou cálidas, comprende só o xénero Coriaria.