Corinto, canal de
Corinto, canal de
Canle artificial de Grecia, construído entre 1882 e 1893, que atravesa o istmo de Corinto e pon en comunicación o Mar Xónico co Exeo. Ten 6,4 km de lonxitude, entre 21 e 22 m de amplitude e 8 m de profundidade. Utilízano pequenas embarcacións para evitar a circunnavegación da península do Peloponeso.