Coriolis, aceleración de

Coriolis, aceleración de
[FÍS]

Aceleración aparente, engadida á real, que un observador ten que atribuír a un corpo en movemento (con velocidade non nula) cando o observa dende un sistema de referencia S’ en rotación con respecto a un sistema de referencia inercial S. É unha aceleración fiticia, xa que resulta só do feito de utilizar un sistema xiratorio para describir o movemento do corpo estudiado. Un observador sobre a Terra ten que considerar esta aceleración sobre calquera corpo. Se a velocidade do corpo respecto a S’ é v , e a velocidade angular de rotación de S’ respecto a S é ω, a aceleración de Coriolis do corpo é aC =-2ω¥ v . Deste xeito, un corpo en caída libre sobre a Terra experimenta unha desviación cara ao leste. O observador determina que sobre o corpo actúa unha forza ficticia de valor FC =-2mω¥ v , que se denomina forza de Coriolis ou forza xeostrófica. A aceleración de Coriolis é responsable do feito de que os ciclóns teñan sentido antihorario no hemisferio norte e sentido horario no sur, e é a causa de que as correntes mariñas teñan sentido horario no hemisferio norte e sentido antihorario no hemisferio sur.

Palabras veciñas

Corinto, golfo de | Corinto, istmo de | coriocarcinoma | Coriolis, aceleración de | Coriolis, Gaspar Gustave de | corion | Coripe