coríxido -da
(< lat científico Corixa, xénero de animais)
-
adx
Relativo ou pertencente aos coríxidos.
-
s
m
[ANIMAL/ENTOM]
Percebella da familia dos coríxidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ENTOM]
Familia de percebellas acuáticas. Caracterízanse porque nadan grazas a un terceiro par de patas con pelos que aumentan a súa superficie e que empregan a xeito de remos. As antenas están agochadas en sucos debaixo da cabeza e teñen un peteiro curto e arredondado. Cando se somerxen transportan na parte superficial do corpo unha película de aire que renovan con periódicas ascensións á superficie. Aliméntanse de restos vexetais e algas unicelulares que recollen cos tarsos das patas anteriores. Son boas voadoras e os machos emiten unha serie de sons para atraer as femias, fregando as patas dianteiras contra unha engurra dos lados da cabeza. Os xéneros máis frecuentes en Galicia son Corixa e Micronecta.