cornamusa

cornamusa

(< fr cornemuse)

  1. s f [MÚS]

    Instrumento de aire que consiste nun fol pequeno de coiro que, ao insuflarlle aire por medio dun cano pequeno (soprete), do que penden tres ou catro canos, un deles con buratos (punteiro), fai a melodía, e os outros (roncóns ou bordóns) fan o bordón. A intensidade do son varía segundo a presión do brazo sobre o fol. De orixe moi antiga e utilizada polos trobadores, xograres e pastores, documéntase a súa primeira descrición no s X. Hai diferentes variantes por toda Europa e parte de África e Asia.

  2. s f [MÚS]

    Trompeta longa de metal que no medio fai unha rosca grande.

  3. s f [MAR]

    Peza de metal, ferro ou madeira en forma de cornos, que se emprega para amarrar cabos de manobra. As súas formas deben ser lisas, xa que os cabos se usan para moitas faenas e o rozamento desgástaos rapidamente.

  4. s f [MAR]

    Asa de metal ou madeira dun barco que se emprega para amarrar os cabos.

Palabras veciñas

2 cornal | cornalina | cornamenta | cornamusa | cornán -na | Cornanda | cornano -na