cornello

cornello

(< lat cornĭculu, dim decornu ‘corno’)

  1. s m
    1. Ángulo que se forma cando se xuntan ou conflúen dúas paredes ou superficies.

      Ex: Colocou o andel no cornello do cuarto de baño.

      Sinónimos: curruncho, recanto, recuncho. Confrontacións: esquina.
    2. Lugar pequeno e apartado dentro dun espacio maior.

      Ex: Plantaron cebolas no cornello da leira.

      Sinónimos: curro, currucho, currullo, curruncho, recanto, recuncho.
  2. s m [FUNGO]

    cornizó.