cornetín

cornetín

(

  1. [MÚS]
    1. s m

      Instrumento aerófono de metal, de perforación lixeiramente máis cónica ca a da trompeta e que, polo tanto, produce un son menos brillante ca esta. Creouse en Francia no s XIX, cando se lle incorporan pistóns á antiga corneta de posta. Constrúese con tres afinacións diferentes: o soprano, o picolo e o contralto. A perfección técnica da actual trompeta relegouno practicamente da orquestra e normalmente só se utiliza nas bandas de música.

    2. s

      Persoa que toca o cornetín.

  2. s m [ANIMAL]

    Molusco gasterópodo mariño de cuncha ovada, de ata 4 cm de lonxitude, a miúdo con bandas negras e amarelas, e peristoma groso e dentado. É un animal depredador que se alimenta doutros animais, incluso moluscos con cuncha. Vive en fendas das costas rochosas do mediolitoral atlántico.

Palabras veciñas

cornetada | cornetán | cornete | cornetín | corneto | Cornforth, John Warcup | corni-