corola
(
erticilo interno do periantio das flores heteroclamídeas, constituído por pétalos antófilos e rodeado polo cáliz. A corola preséntase especialmente desenvolvida nas flores zoógamas, nas que ten a función de atraer os animais polinizadores. Normalmente ten cores rechamantes coma a branca, amarela, vermella ou azul, pero raramente a verde. Ás veces, presenta combinacións de cores, manchas, estrías, etc, e en certos casos a cor varía durante a antese. Adoita desprender olores especiais. Se a corola é semellante ao cáliz, fálase de perigonio para referirse aos dous verticilos. Se os pétalos son libres entre eles, a corola chámase dialipétala; e, se están soldados, gamopétala ou simpétala. Neste último caso, pódese distinguir a miúdo un tubo, que é a parte basal soldada, e un limbo, que é a parte distal libre, unidos por unha zona chamada gorxa. Con respecto á simetría, a corola pode ser actinomorfa ou cigomorfa, e máis raramente bilateral ou asimétrica. A corola é, polo xeral, de vida curta e múrchase cedo, polo menos cando remata a polinización; pero, ás veces, pode ser persistente e incluso contribuír á formación do froito.