1 coronel -la
(< fr colonel ‘coronel’ < ital colonnello)
-
[BÉL]
-
s
Oficial superior que ten o grao máis elevado nos exércitos de terra e aire, por riba do tenente coronel. Ten o mando dun rexemento, dun aeródromo ou base aérea, ou equivalente. Esta denominación empregouse nos exércitos casteláns e aragoneses de Fernando II. A partir do s XVI, os oficiais maiores dos tercios e rexementos dos diversos exércitos europeos recibiron, ademais do nome de mestre de campo, o de coronel, que se xeneralizou en Francia coa reorganización do exército de Luís XIV e que imitou en España Filipe V (1704). A súa divisa está formada por tres estrelas de oito puntas situadas no puño da casaca, na ombreira, no peito ou na gorra.
-
s
Cargo militar da armada semellante ao do exército de terra que se corresponde co de capitán de navío.
-
coronel xeneral
Mando superior de determinados corpos dos antigos exércitos de Francia e España. En Francia, o cargo de coronel xeneral, ben de infantería ou ben de cabalería, eliminouno Luís XIV e volveuno crear Napoleón, cunha categoría inmediatamente inferior á de mariscal, e perdurou ata 1848. Desde 1705, os directores xenerais dos corpos de artillería e de enxeñeiros dos exércitos borbónicos de España tamén se denominaron coroneis xenerais. No exército de Rusia existe o grao de coronel xeneral, inmediatamente inferior ao de mariscal.
-
s
-
s
Cónxuxe do coronel ou da coronela.