coroner*

coroner*
s [HIST]

Funcionario da xustiza anglosaxona. O cargo creouse a finais do s XII para velar polos intereses da coroa. Dende 1926, data na que se promulgou a Coroners Amendment Act, só poden ser profesionais procedentes do ámbito legal ou médico. Investigan as causas de mortes violentas, non naturais ou misteriosas.