coronografía
coronografía
(
s
f
[MED]
Método radiolóxico que ten como finalidade facer visibles as dúas arterias coronarias e as súas ramas mediante a inxección, ao nivel do nacemento da aorta, dunha substancia de contraste utilizando técnicas de cateterismo cardíaco. Serve para pór de manifesto a aterosclerose da rede coronaria, as tromboses, as obliteracións, a estenose, o aneurisma e as cardiopatías isquémicas. Tamén se coñece como coronariografía ou arteriografía coronaria selectiva.