corpore insepulto*

corpore insepulto*
  1. loc adv

    Expresión latina que significa ‘co corpo sen sepultar’.

    Ex: Estivo un día corpore insepulto antes de que decidisen ónde se enterraba.

  2. loc adx

    Aplícase ao funeral que se oficia antes do enterramento co corpo do defunto presente. Tamén se denomina coa expresión de corpo presente.

    Ex: A misa corpore insepulto oficiouse na igrexa de San Mamede. OBS: Nesta acepción pode ir precedida da prep de. Ex: A misa de corpore insepulto será mañá ás doce do mediodía.

Palabras veciñas

corporativismo | corporativista | corporativo -va | corpore insepulto* | corporeidade | corpóreo -a | corpulencia