corpus
(
-
s
m
[DER/HIST]
Conxunto de leis, de escritos históricos, dogmáticos ou filosóficos ou de inscricións antigas. Entre outros, destacan o Corpus Catholicorum, que recolle a obra histórica, apoloxética e dogmática de autores cristiáns do s XVI; o Corpus Christianorum; o Corpus de Berlín; o Corpus Hermeticum ou Vindobonense; o Corpus Inscriptionum Graecarum, que recolle inscricións antigas gregas; o Corpus Inscriptionum Latinarum, que recolle todas as inscricións da época romana agás as cristiás; o Corpus Scriptorum Christianorum Orientalium, que recolle os textos litúrxicos do Oriente cristián; o Corpus Scriptorum Ecclesiasticorum Latinorum, que recolleu en 1866 os textos latinos de carácter eclesial; o Corpus Scriptorum Historiae Bizantinae, sistematizado entre 1828 e 1897; e, en materia xurídica, o Corpus Iuris Canonici e o Corpus Iuris Civilis.
-
s
m
-
Conxunto, o máis extenso e ordenado posible, de datos ou textos que forman unha unidade e que serven de base documental nunha investigación.
Ex: Recompilou un corpus de cen textos en prosa para elaborar a súa tese.
-
[LING]
Colección de datos lingüísticos representativos que se reúnen co propósito dunha análise lingüística. Un corpus, que debe ser representativo -é dicir, debe ilustrar toda a gama das características estruturais-, permite que un lingüista realice enunciados obxectivos sobre a frecuencia de uso e proporciona datos que outros investigadores poden consultar. Algúns corpus intentan cubrir a linguaxe como un todo e recollen extractos de diversos tipos de texto; outros son máis selectivos e proporcionan un material que só abrangue un trazo lingüístico particular. O seu tamaño varía e depende de factores prácticos, como pode ser o tempo dispoñible ou a necesidade de que sexa máis ou menos amplo. Un corpus, como recompilación de datos empíricos, é o punto de partida dun estruturalista para o seu proceder indutivo, no establecemento de hipóteses sobre a estrutura da lingua obxecto. Pola contra, os gramáticos xenerativistas consideran que co positivismo empírico non poden explicarse as facetas da competencia lingüística dun falante-oínte nativo. Non obstante , tampouco un xenerativista pode renunciar en certo modo a un corpus de datos da actuación para establecer un sistema de regras.
-
[LIT]
Conxunto de textos que corresponden a un determinado autor, época, escola ou movemento literario. Fálase, por exemplo, do corpus da lírica medieval galego-portuguesa ou do corpus aristotélico, para referirse a todos os escritos atribuídos á escola galego-portuguesa ou a Aristóteles, respectivamente.
-