Corpus Iuris Canonici
Corpus Iuris Canonici
[LIT/DER]
Colección dos principais textos xurídicos eclesiásticos medievais. Editados en 1582, recolle as normas de dereito canónico constituídas durante o período de recepción do dereito común. Aínda que non foi promulgado, trátase dunha colección de obras diversas que obrigan por si mesmas. Está constituída por: o Decreto de Gracián (1140?), as Decretais (1234) de Gregorio IX, o Liber sextus de Bonifacio VIII (1298), as Clementinas, e por unha dobre recompilación de decretos illados agrupados nos Extravagantes de Xoán XXII e nos Extravagantes comúns.