corpúsculo
corpúsculo
(< lat corpuscŭlu, dimde corpus ‘corpo’)
-
s
m
Corpo de tamaño microscópico.
-
s
m
[FÍS]
Partícula moi pequena considerada, hipoteticamente, como constituínte elemental da luz, segundo a teoría corpuscular. Posteriormente, esta palabra empregouse para designar o fotón e, por extensión, como sinónimo de partícula elemental.
-
s
m
[BIOL]
Estruturas histolóxicas de dimensións moi pequenas.
-
corpúsculo basal
[BIOL]
mastigosoma.
-
corpúsculos de Woronin
[MICOL]
Orgánulos densos que rodean a perforación central dos septos do aparato vexetativo miceliar dalgúns ascomicetos e que poden obturar estes poros en caso de necesidade.