correlativo -va
correlativo -va
(
-
adx
Que ten correlación con outra ou outras cousas.
Ex: Os elementos organízanse en series correlativas de números.
-
adx
Que se sucede de forma inmediata, especialmente referido a número.
Ex: Compramos dous números correlativos de lotería.
-
adx
[LING]
Aplícase ao termo que indica unha relación de dependencia entre dous membros. Así ou é correlativo de ou en O mestre dille sempre: ou calas ou te castigo.
-
correlativo fonolóxico
[LING]
Parella de fonemas que se atopan nunha relación de oposición bilateral, proporcional e privativa.