correúdo -da

correúdo -da
  1. adx

    Aplícase á persoa robusta e de gran fortaleza física.

    Ex: É o mozo máis correúdo do lugar, non hai quen poida con el.

    Antónimos: feble.
  2. adx

    Aplícase á carne que, aínda despois de estar cociñada, segue dura e é difícil de comer.

    Ex: A carne que nos puxeron para xantar estaba moi correúda, debía ser de vaca vella.

  3. adx

    Que é duro e flexible coma o coiro.