Corrigiola
Corrigiola
[PLANTA]
Xénero de herbáceas da familia das cariofiláceas. De follas espatuladas ou lanceoladas, dispostas de xeito alterno e con estípulas, posúen flores pentámeras e dispostas en cimas, de ata 2 mm de diámetro cos sépalos de menos de 3 mm e pétalos brancos máis curtos, que dan lugar a núculas indehiscentes. En Galicia están presentes as especies C. litoralis, planta anual con talos de menos de 30 cm e froitos que acadan 1 mm de lonxitude, propia de areais do litoral e searas; e C. telephiifolia, planta perenne de talos de menos de 60 cm e froitos que teñen 1,8 mm de lonxitude, presente en searas e camiños.