corrosión
(< lat corrōsu,superlativo de corrodĕre ‘corroer’)
-
s
f
Acción e efecto de corroer ou corroerse.
-
s
f
[QUÍM/IND]
Deterioro superficial dos metais causado por axentes químicos. Cómpre que un electrólito estea en contacto co metal (ánodo), feito que provoca que este se ionice e disolva, mentres que os electróns neutralizan os anións da disolución que precipitan. A reacción fundamental é M+A + →M + +A. A cantidade de M disolta é proporcional ao fluxo de electróns, que, á súa vez, é función do potencial e da resistencia do metal. Para que a reacción sexa continua, os produtos dela deben irse eliminando das zonas anódica e catódica. O axente de corrosión máis importante é o potencial que se establece entre dous metais en contacto, mergullados nun electrólito que dependa da natureza química do ánodo e do cátodo; neste caso, o primeiro resulta atacado (corrosión galvánica), mentres o segundo queda protexido (protección catódica). A velocidade de corrosión diminúe pola polarización catódica e aumenta pola axitación e a diminución da concentración de ións metálicos, pola presenza de osíxeno que provoca a formación de óxidos e pola despolarización do cátodo. Tamén se ve afectada pola presenza doutros ións e pola temperatura. Os métodos de protección contra a corrosión fundaméntanse na elección da aliaxe (uso de metal moi puro ou adición de cromo e de inhibidores) e da estrutura axeitada (por medio de tratamentos térmicos para eliminar as tensións internas e homoxeneizar as solucións sólidas), no recubrimento superficial con materiais protectores (galvanización, cromado, fosfatado) ou na protección catódica. Este último é o máis eficaz de todos.
-
s
f
[XEOL]
Forma de erosión das rochas, pola acción química da auga e dos ácidos que esta leva disoltos. A auga é o medio no que adoitan actuar estes axentes, normalmente por disolución. Os relevos cársticos son unha forma de corrosión das rochas calcarias, do mesmo xeito que ocorre co xabre e co granito. Tamén se denomina erosión.