corrupción

corrupción

(< lat corruptĭōne)

  1. s f

    Acción e efecto de corromper ou corromperse.

  2. s f [DER]

    Delito consistente no suborno de funcionarios públicos. Pode revestir dúas formas: activa, cando se induce a un funcionario, con regalías ou promesas, ao cumprimento ou á omisión dun acto relacionado coas súas funcións; e pasiva ou concusión, cando é directamente o funcionario quen demanda ou recibe presentes ou regalos, ou mesmo acepta a promesa de recibilos nun futuro, para executar un acto relativo ao exercicio do seu cargo e que, ou ben constitúe un delito, ou ben é un feito manifestadamente inxusto malia non ter carácter estritamente delitivo.

    Confrontacións: corruptela.
  3. corrupción de menores [DER]

    Delito contra a honestidade consistente na promoción, favorecemento ou facilitación da prostitución ou corrupción dun menor de idade.

  4. corrupción dun texto [ARQUIV]

    Alteración dun texto por causa das sucesivas copias erradas que del se fixeron, por mor da inclusión de emendas, ampliacións ou resumos do orixinal ou por calquera outra causa, de xeito que resulta imposible restituír o sentido primitivo con certeza.

  5. corrupción lingüística [LING]

    Deterioración que unha lingua pode sufrir cando non se utiliza para todas as necesidades comunicativas dos individuos que a falan e, polo tanto, é incapaz de satisfacer algunhas destas necesidades. Só pode acontecer cando dúas ou máis linguas entraron en contacto dentro dunha mesma sociedade, e os individuos plurilingües fan un uso limitado dunha ou de todas as linguas que son capaces de falar, feito que dá lugar a unha especie de compartimentación no seu emprego.

Refráns

  • A merda, canto máis se remexe, máis fede.
  • Cando é moita a merda, moito cheira.
  • O mellar viña vólvese vinagre.