corsario -ria

corsario -ria

(< 1 corso)

  1. adx e s [HIST]

    Aplícase ao buque armado en corso. Nas dúas guerras mundiais denominábanse así os buques de guerra, sobre todo alemáns, dedicados a agredir os buques mercantes de nacións inimigas ou neutrais.

  2. adx e s [HIST]

    Aplícase á persoa que comandaba ou tripulaba unha nave armada en corso. A diferenza da figura do pirata, tiña licenza para os seus ataques, a través da patente de corso, e convertíase legalmente en pirata cando incumpría a normativa estipulada na súa patente (actuar fóra de prazo, apropiarse da parte do botín que debía entregarlle ao seu contratante, aceptar patentes de distintos belixerantes, etc). Durante o s XVI, idade dourada dos corsarios bérberes, Barbarrubia e Dragut foron os máis coñecidos. No Atlántico abondaron os corsarios ingleses que atacaban as naves españolas da ruta das Indias, como Harry Pay (ss XIV-XV) e Drake (s XVI); xogaron, ademais, un importante papel na independencia dos EE UU e das nacións iberoamericanas.

Palabras veciñas

corrupto -ta | corruptor -ra | corrutina | corsario -ria | Corsario, El | Córsega | Córsega do Sur