2 corta
(
-
-
s
f
Acción e efecto de cortar árbores ou froitos.
-
corta de mellora AGR
[AGR]
Labores de corta aos que se somete unha masa forestal para eliminar as árbores que non obedecen a uns criterios previos de especie ou porte.
-
corta selectiva AGR
[AGR]
Labores de corta aplicados a unha masa forestal pola que se pretende favorecer a reprodución natural da mesma e manter grupos de árbores de distintas idades.
-
s
f
-
[ANIMAL]
-
s
f
Roedor dos xéneros Microtus, Cletrionomys ou Chionomys, de corpo e pescozo grosos e patas e cola curtas. Os dentes médranlle continuamente e os molares presentan grandes pregos. Son animais gregarios cun comportamento social complexo, de vida subterránea ou semisubterránea. Habitan, as máis das especies, en pasteiros, áreas arbustivas e claros de bosques, onde se alimentan principalmente de herba, rizomas e bulbos. Poden presentar ciclos de abundancia e constitúen a presa máis común de moitos depredadores, como a curuxa ou a donicela.
-
corta campestre [cast: topillo campesino; ingl: common vole] [Microtus arvalis, subFam dos microtinos]
Roedor de ata 12 cm de lonxitude e 4 cm de cola, de cor acastañada co ventre gris. Está presente dende Europa ata Asia central; na Península Ibérica distribúese por núcleos montañosos do Sistema Ibérico, a serra de Gredos, a serra da Demanda, a serra dos Ancares, a Cordilleira Cantábrica e o Sistema Pirenaico. Nas últimas décadas do s XX ampliou a súa distribución á Meseta Norte.
-
corta de Cabrera [cast: topillo de cabrera; ingl: Cabrera’s vole] [Microtus cabrerae, subFam dos microtinos]
Roedor de ata 13 cm de lonxitude corporal e 4 cm de cola, de cor acastañada no dorso e gris no ventre. É unha especie endémica da Península Ibérica que presenta poboacións illadas nos sistemas montañosos da zona mediterránea e nas Rías Baixas.
-
corta dos prados [port: ratinho dos pastos; cast: ratilla agreste; ingl: field vole] [Microtus agrestis, subFam dos microtinos]
Roedor de 11 cm de lonxitude corporal e 4 cm de cola, de cor acastañada e ventre acastañado gris. Está presente dende Europa, agás a conca mediterránea, ata Siberia. Na Península Ibérica aparece no extremo occidental, ao norte do Douro, no noroeste e no norte.
-
corta galega [cast: topillo lusitano; ingl: lusitanian pine vole] [Microtus lusitanicus, subFam dos microtinos]
Roedor de ata 10 cm de lonxitude corporal e 3 cm de cola, de cor acastañada escura e ventre gris. Distribúese polo cuadrante noroccidental da Península Ibérica e polo extremo suroccidental de Francia.
-
corta grande
Roedor do xénero Arvicola, da subfamilia dos microtinos, tamén coñecido como rata augadeira e rata tobeira.
-
corta mediterránea [cast: topillo común; ingl: mediterranean pine vole] [Microtus duodecimcostatus, subFam dos microtinos]
Roedor de ata 11 cm de lonxitude corporal e cola de ata 3,5 cm, de cor acastañada amarelada cunha franxa de cor ocre nos flancos. Está presente na Península Ibérica, agás o cuadrante noroccidental, e no sueste de Francia.
-
corta nival [cast: topillo nival; ingl: snow vole] [Chionomys nivalis,, subFam dos microtinos]
Roedor de ata 14 cm de lonxitude de corpo e 7 cm de cola, de dorso de cor gris clara e ventre gris. Está distribuído por montañas, en acumulacións de pedras de espacios abertos e claros de bosques, no sur de Europa e no sueste asiático. Na Península Ibérica ocupa os Pireneos, a Cordilleira Cantábrica, Sierra Nevada, sierra de Gredos, sierra de Guadarrama, Sierra Cebollera, serra dos Ancares, Pena Trevinca, Cabeza Grande de Manzaneda e serra do Invernadeiro.
-
corta pirenaica [Microtus gerbei, subFam dos microtinos]
Roedor de 10 cm de lonxitude corporal e cola de 3,5 cm, de cor acastañada arrubiada e marrón gris no ventre. Distribúese polo sudoeste de Francia e nunha estreita franxa do norte da Península Ibérica.
-
corta rubia [cast: topillo rojo; ingl: bank vole] [Clethrionomys glareolus, subFam dos microtinos]
Roedor de ata 12 cm de lonxitude e cola de 6 cm, de cor arrubiada no dorso e o resto gris. Está presente en medios forestais con pedregais cubertos de mofos, dende o lago Baikal, o norte de Kazakhstán, os montes Altai e a tundra norueguesa ata os Pireneos, a Cordilleira Cantábrica, a serra dos Ancares e a serra do Courel.
-
s
f
-
s
f
[ANIMAL/ENTOM]
-
Insecto da orde dos ortópteros, que acada os 50 mm de lonxitude, de corpo groso de cor acastañada, cuberto de pelos finos e patas anteriores dentadas modificadas para escavar. As alas anteriores son curtas e as posteriores, que serven para o voo, aparecen nos adultos pregadas baixo as primeiras. Son de hábitos subterráneos e aliméntanse, principalmente, de larvas de insectos, raíces e rizomas. Cando a terra se dedica á agricultura, a súa actividade pode afectar aos cultivos. Os machos fregan as alas para producir, especialmente no solpor, un canto estridente e continuo, que atraia as femias. As femias poñen entre 200 e 300 ovos nun niño subterráneo. Coida deles e dos insectos novos ata que teñen un mes de idade. Tras dez mudas e dous anos, estes acadan a madureza. Distribúese por Europa, Asia Menor e África setentrional. Tamén recibe o nome de cortón e rela.
-
couza.
-
-
s
f
Rego por onde se distribúe a auga para regar.