Cortaillod, cultura de
Cortaillod, cultura de
Cultura prehistórica do Neolítico que recibiu o nome dun xacemento suízo localizado ao NO de Neuchâtel. Este grupo, xunto á cultura de La Lagozza en Italia e a de Chassey en Francia, constitúe toda unha fase do Neolítico do Occidente europeo do IV e III milenios. Sitúase en numerosas palafitas suízas e consérvanse abondosos vestixios dela. Unha característica deste grupo de culturas é a presenza de cerámicas lisas.