Cortés
Cortés
Departamento de Honduras, drenado polo río Ulúa, que o cruza ata desembocar no golfo de Honduras (3.954 km2; 706.000 h [estim 1991]). A súa capital é San Pedro Sula. É unha zona fértil, que permite o cultivo de cacao, café e plátanos. Destaca o sector mineiro, principalmente a extracción de ouro e prata.