Cortinarius

Cortinarius
[FUNGO]

Xénero de fungos de cogomelos, de sombreiro plano ou convexo, que posúen un pé cun anel a xeito de cortina e láminas na madureza da cor do tabaco ou, ás veces, con tonalidades violáceas, amareladas ou vermellas. En Galicia están presentes as especies: C. cinnamomeus, C. obtusus, C. orellanus, C. puniceus, C. purpurascens, C. sanguineus, C. semisanguineus, C. speciossisimus e C. violaceus.