Corvo
Corvo
[ONOM]
Apelido que ten a súa orixe nun alcume aplicado a un individuo traizoeiro, perverso e cruel, cualificativos característicos do animal do mesmo nome. Documéntase xa no s X en documentos en latín: “Ero Corvo” (doc ano 942-977 en J. Mª Andrade Cernadas, O tombo de Celanova, 1995, p 223). Na época medieval tamén se documenta a correspondente forma feminina, que desapareceu no paso ao sistema antroponímico moderno: “Maria Iohannis cognomento Corva” (doc ano 1226 en J. I. Fenández de Viana y Vieites/Mª T. González Balasch/J. C. Pablos Ramírez, “El tumbo de Caaveiro”, Cátedra 3, 1996, p 343).