cosaute*

cosaute*
s m [LIT]

Composición poética, case sempre de tema amoroso, constituída por pareados estróficos separados por un verso que se repite a xeito de retrouso (aab, ccb, ddb, etc). Na súa orixe foi unha fórmula destinada ao canto, na que o solista cantaba os pareados e o coro respondía co retrouso. Tamén chamado canción paralelística, procede da poesía galego-portuguesa, aínda que o seu uso se documenta noutras tradicións de Europa occidental.