Costanza
Costanza
[ONOM]
Prenome feminino que provén do latín constantĭa ‘constancia, perseverancia’, substantivo derivado do cognome romano constans, constantis ‘constante, consistente’, moi empregado na época medieval. Presenta a variante Constanza, correspondente feminino de Constancio, antropónimo que ten a mesma orixe pero que se introduciu a través do latín constantĭus. A festa de santa Costanza celébrase o 21 de outubro e a de san Constancio o 11 de marzo.