Costera, la

Costera, la

Comarca da Comunitat Valenciana, drenada polos ríos Cànyoles e Barxeta (63.087 h [1991]). O núcleo da comarca é Xátiva. Está aberta aos ventos mariños, que deixan unha precipitación anual media de 450-600 mm, principalmente en inverno. A temperatura media anual é de 17°C, e diminuíu de N a S. Un elemento importante da súa economía é a agricultura, sobre todo o cultivo de laranxas, que chega a ser monocultivo, seguido das hortalizas, oliveiras, viña e cereais. A industria, que ocupa o 37% da poboación activa, céntrase nos sectores téxtil, papeleiro, mobiliario e conserveiro.

Palabras veciñas

Costenla | costento -ta | Coster, Dirk | Costera, la | Costers del Segre | Costner, Kevin | costo -ta