Costoia

Costoia
  1. [ONOM]

    Apelido de orixe toponímica procedente do latín custodĭa, que, aplicado á toponimia, designa lugares elevados dende onde se pode vixiar, observar e custodiar algo. Documéntase no século XVIII: “Francisca Costoia” (doc ano 1752 en Santiago 1752 según las Respuestas Generales del Catastro de Ensenada, p 156). Variantes gráficas deste apelido motivadas polo efecto castelanizador son Costolla e Costoya.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe que leva como armas, en campo de ouro, unha banda de azul, acompañada de dúas flores de lis da mesma cor, unha arriba e outra abaixo. Algunha variante trae, en campo de sinople, unha faixa de ouro, cargada dun losanxe de azul.