Cotinus

Cotinus
[PLANTA]

Xénero de arbustos, da familia das anacardiáceas, ao que pertence a especie C. coggygria. De ata 4 m de altura, presenta follas arredondadas de entre 3 e 8 cm, cor verde intensa, pecíolo moi longo e flores de cor amarela con pedúnculos cubertos dunha pilosidade plumosa moi aparente, que dá lugar á denominación popular de árbore das perrucas. Orixinaria dunha extensa área que vai dende o S de Europa ata China e o Himalaia, en Galicia está presente como árbore ornamental en parques e xardíns.

Palabras veciñas

2 cotillón | cotiloide | cotín | Cotinus | cotío, a | cotío, de | cotipo